O Concello de Valdoviño inaugura este venres, día 21 de outubro, a programación do Día das Bibliotecas cun espectáculo a cargo da banda Minguante ó redor da literatura galega.
A Biblioteca Municipal será o seu escenario a partir das 20:30 horas, e a entrada é de balde sen inscrición previa.
Óscar Martínez e Miguel Alonso integran Minguante, e a través da música, achegarán ó público a autores e autoras galegas actuais e clásicos, cun repertorio no que non faltarán cancións míticas do cancioneiro galego baseadas na poesía.
Así mesmo, ó día seguinte, sábado 22, ás 11,30 h, a Biblioteca acollerá o obradoiro creativo «Debuxar letras» con Alba Farto. Para nenos a partir de 8 anos, neste caso é preciso inscribirse previamente na Casa da Cultura ata o venres 21 ou completar prazas. Nel, as persoas participantes poderán aprender técnicas e estilos para o arte de debuxar letras a man de forma creativa, experimentando coas tintas e realizando deseños propios.
A programación continuará o domingo 23 coa obra de teatro «A viaxe de Mina» de Maio Creacións Artísticas. Con entrada de balde, dará comezo ás 18:00 horas no auditorio da casa da cultura. Unha obra sobre igualdade, respeto e tolerancia como vías para fomentar unha educación igualitaria que elimine ideas preconcebidas e prexuízos de carácter sexista.
E, como broche de ouro á programación, o 30 de outubro a compañía Pedras de Cartón traerá a Valdoviño a súa obra «Quixote». Con entrada de balde, dará Concello deValdoviño comezo ás 18:00 horas no auditorio. A compañía afronta o texto de Cervantes, un dos máis coñecidos da literatura española, en clave de comedia. Cunha estética inspirada no pallaso clásico (moi ó estilo Fellini) e en clave de clown, abordan as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu escudeiro Sancho.
A programación conta co apoio do programa Ler Conta Moito.