O BNG de Ferrol presentará unha moción o pleno municipal de apoio ao sector das perruquerías

Iván Rivas reunido co sector da perruquería | BNG

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol mantivo este luns un encontro con representantes do sector da perruquería na comarca para abordar xunto a elas a demanda de baixar o tipo impositivo dos salóns de peiteado, barbería e estética de 21% actual a 10%.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, anunciou que a formación vai presentar unha moción ao pleno municipal coas demandas deste colectivo, «unha reivindicación que o consideramos xusta para que o Concello apoie a rebaixa do IVE.«

Lembra que en setembro de 2012, en plena crise económica, o goberno central do Partido Popular aprobou unha suba do IVE para algunhas actividades do 8 a 21%, «de modo que os salóns de peiteado e estética tiveron que facer fronte a un incremento de 13 puntos dun día para outro«. Esta suba do IVE neste sector ía ser temporal, «pero mentres outras actividades viron cumprido o compromiso e xa teñen de novo o IVE en 10%, os salóns de peiteado, barberías e estéticas continúan a padecer o tipo máis alto do imposto.«

Iván Rivas sinalou que o BNG «leva tempo desenvolvendo iniciativas tanto no Congreso como nos concellos para que esta mudanza sexa unha realidade e se baixe o IVE a 10%.«

Así mesmo, afirmaba «se ben é certo que foi o PP quen decidiu subir ao 21% o IVE que soportan os salóns de peiteados, o PSOE e Unidas Podemos prometeron na oposición que restituirían o IVE reducido sen que se fixeron até agora e votaron en contra de todas as propostas que realizamos para reverter esta situación

Lea también

Ferrol recibe al representante del grupo marroquí MMSA para explorar oportunidades comerciales

El alcalde de Ferrol destacó el potencial industrial y portuario de la ciudad en el …