O Pazo Libunca acolleu este venres, día 27 de maio, dende as 19.00 horas, unha xornada sobre Peixe e Aceite de Oliva Virxe Extra (AOVE) organizada con cargo ó proxecto “Mergullando no litoral de Narón”, impulsado polo Concello de Narón.
O edil de Promoción Económica, David Pita, destacou a convocatoria e agradeceu a participación na mesma de Irene Espert, fundadora da iniciativa Sentit, encamiñada a poñer en valor os produtos locais e dar a coñecer métodos de produción da industria agroalimentaria ó público en xeral a través de iniciativas como ésta
“A proposta concíbese como unha experiencia gastronómica e diriuse a unha vintena de persoas relacionadas co mundo da comunicación e da gastronomía”, indicou Pita.
Espert explicou ós asistentes os tipos de aceite de oliva que hai, as súas diferenzas, a súa produción, as marcas con Denominación de Orixe… para a continuación realizar unha cata na que poñer en práctica eses coñecementos.
Así mesmo, ó final houbo unha cata de produtos pesqueiros maridados con diferentes variedades de aceite de oliva virxe extra, cun menú a base de centola da ría en salpicón de arbequina Pazo do Rego, ensalada templada de rape negro ao ouro de Quiriga, ameixas alma meiga á sartén e tataki de lubina salvaxe, mahonesa Pazo do Pegullal, algas e pó de mexilóns.
“Destacar a variedade e gran calidade dos produtos locais, neste caso aceites, peixe e marisco, e doutros representativos da cidade e doutros concellos da comarca é unha das finalidades desta experiencia gastronómica”, explicou Pita.
O programa “Mergullando no litoral de Narón”, organizado polo Concello conta coa colaboración do Grupo de Acción Local Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.