A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que este martes, día 3 de maio, continuarán desenvolvéndose os Consellos Territoriais.
Ás 19.00 horas dará comezo o convocado no local social da parroquia de Piñeiros, que presidirá a edil naronesa e ó que tamén acudirán outros representantes da corporación local. A vindeira cita desta semana será este xoves, día 5, en Doso, ás 18.00 horas no local social
As actividades programadas polas entidades para este ano e posibles vías de dinamización da participación cidadá son algunhas das temáticas que se abordarán nas xuntanzas, dunha hora e media aproximadamente de duración. Persoal técnico da Escola de Participación de Narón estará tamén presente nos Consellos Territoriais.
Os Consellos Territoriais continuarán a vindeira semana, o próximo martes, día 10 en Xuvia, ás 18.00 horas e en Sedes o 12 ás 18.00 horas, nos seus respectivos locais sociais.
Este mes levaranse tamén a cabo os de San Mateo, o 19 ás 18.00 horas na Escola de San Mateo; San Xiao, o 24; O Alto o 25 e na Gándara o 31, estes tres ás 18.00 horas e nos respectivos locais sociais.
Finalmente, en xuño terán lugar os dous últimos, o día 2 en Santa Icía- A Solaina, ás 18.00 horas no local social de Virxe do Mar e o 7 en Castro, ás 19.30 horas, no local social “O Paraxe”.
As persoas que desexen asistir ós Consellos Territoriais deberán confirmar previamente a súa asistencia enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou chamando ó número de teléfono 603 865 413. As datas e horarios de cada unha destas convocatorias poden consultarse a través da web do Concello de Narón e das redes da Escola de Participación.