Obradoiro en liña sobre «Menores e pantallas. O gran reto educativo», Narón

O Concello de Narón organizou a través das áreas de Mocidade e Ensino, presididas polos edís Pablo Mauriz e Mercedes Taibo, respectivamente, dous obradoiros para concienciar a alumnado da cidade e ás súas familias.

Nestas convocatorias, que se programaron en liña, abórdanse temas como a “Adicción aos videoxogos e ludopatía en menores” que tivo lugar a pasada semana, e “Menores e pantallas. O gran reto educativo” que terá lugar este mércores, día 4 de maio, de 18.00 a 20.00 horas.

Os edís naroneses recordaron que o obradoiro do citado mércores se dirixe a familias con fillos en Infantil e Primaria de centros de ensino de Narón. Na convocatoria trataranse temas como: o primeiro móbil, redes sociais e condutas de risco, autoxestión nas redes sociais, os videoxogos e a nova adición da infancia e pautas de orientación.

As persoas interesadas en acceder ó obradoiro poden facelo a través do enlace: https://gedosconsultoressl.my.webex.com/gedosconsultoressl.my/j.php?MTID=m92d57e3147299c3b80c29dc8db0aec19.

Estas accións realízanse a través dunha plataforma á que se pode acceder con ordenador, dispositivo móbil ou tableta, sendo preciso no caso de conectarse cun móbil instalar a aplicación Cisco Webex Meetings.

As persoas que teñan algunha dúbida ou precisen algunha aclaración ó respecto poden dirixirse ós teléfonos 722 405 724 ou 639 099 457.

A través destas dúas convocatorias trátase de ofrecer ós menores e ás súas familias as ferramentas necesarias para evitar condutas adictivas relacionadas co uso das novas tecnoloxías e co xogo con apostas.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …