O BNG de Ferrol considera «lamentable» que o goberno local use a policía contra o tecido cultural

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera «lamentable» a actitude do goberno municipal de Ángel Mato por abandonar á cultura de base na cidade e por enviar á policía local contra estes colectivos como aconteceu o venres no inicio das actividades da “Palavra Encarnada”.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, acusou ao goberno municipal de ter «abandonado esta iniciativa cultural, unha iniciativa consolidada na cidade á que o goberno municipal tenlle negado este ano apio económico e loxístico«. Así mesmo, resulta evidente que a cultura de base e popular «non entra na planificación do goberno de Ángel Mato.»

O portavoz tamén avanzou que o BNG pedirá explicacións ao alcalde da cidade polas ordes da concellería de cultura de enviar á policía local para identificar as persoas participantes no recitado de poemas que tiña lugar no palco da música do Cantón o pasado venres, cando esta actividade fora comunicada previamente ao Concello.

Lea también

Rescatada una persona en Ferrol tras caer con su coche en un regato

Una persona tuvo que ser rescatada en la tarde de este pasado jueves en Ferrol …