Unidade móbil para inspección técnica de vehículos agrícolas en Pedroso, Narón

Unha das unidades móbiles para a inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase este venres, día 22 de abril, á parroquia de Pedroso.

A unidade ubicarase na zona do campo da festa da citada parroquia naronesa, donde permanecerá operativa en horario de mañá e tarde, de 9.00 a 13.00 e dende as 15.15 ata as 18.00 horas.

A unidade móbil regresará á cidade, concretamente á parroquia do Val, o vindeiro luns, día 25. Estará operativa na zona do estacionamento da Cooperativa do Val no mesmo horario de mañá e tarde anteriormente indicado.

As persoas interesadas en acudir poden solicitar cita previa chamando ó número de teléfono 902 309 000 ou a través da páxina web: www.sycitv.com.

Lea también

Un año mas se celebró la fiesta de Santa Rita en Narón

(Gráficas cedidas y de El Boletín)-Un año más se celebró, este jueves, día 22, en …