O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvoveu esta mañá un acto para conmemorar o Día de Rosalía diante da decisión do goberno municipal de non programar ningunha actividade con este fin e non desenvolver actos institucionais como viña sendo habitual.
Iván Rivas, portavoz do BNG no Concello de Ferrol, salientou que actos como este demostran que «pese as circunstancias que levamos vivindo nos últimos anos segue existindo xente que é capaz de sobrepoñerse e reclamar a dignidade para un pobo, para unha cidade e para un colectivo de persoas que se identifican como colectivo, como galegas e galegos.«
Lamentou que actitudes «acomplexadas, como as do alcalde da cidade, impiden que como pobo poidamos demostrar o que somos o que fomos e o que queremos ser no noso futuro«. O acontecido co día de hoxe «non é mais que un exemplo do auto limitante e acomplexado que é o goberno desta cidade. O esquecemento de Rosalia súmase ao esquecemento doutros referentes da cidade de Ferrol como pode ser Carvalho Calero ao longo destes anos.«
Para Iván Rivas cando alguén, como Rosalía, no contexto no que viviu: dominado por homes, onde escribir en galego «era toda unha declaración de intencións e onde facelo sendo consciente de que era galega, que a súa realidade estaba neste pais foi capaz de erixirse como unha referencia a nivel mundial é o exemplo no que mirarnos para enfrontar os grandes retos que como país e como cidade temos por diante. A actitude de Rosalía será a base que constrúa o noso futuro, sempre desde nós mesmos como galegos e galegas.»