O BNG insta ao goberno de Ferrol a asumir a celebración do entroido

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol insta ao goberno local a asumir a celebración do entroido na cidade nas súas datas correspondentes e lamenta a actitude do goberno municipal «tratando de desentenderse do tema e terxiversando a información que facilita aos grupos na comisión

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, pediu ao goberno local que igual que fai con outros eventos «desenvolva un protocolo que permita a celebración do entroido na nosa cidade«. Así mesmo censura que o goberno local «transmitise na comisión de cultura da semana pasada que as comparsas solicitaran que se adiara esta celebración

O BNG logo de ter contrastado esta información chega a conclusión de que estas afirmacións do goberno local «non son certas e que as comparsas avogaban por manter a celebración do entroido estabelecendo, eso si, un protocolo propio para este evento como acontece con outras actividades de tipo cultural, deportivo ou social.«

O BNG exixe ao goberno municipal que retome as canles de diálogo co movemento veciñal e coas comparsas «co obxecto de contribuir a desenvolver unha actividade que supón nun beneficio para o conxunto da sociedade, sirve de dinamización da cidade e de potenciación dunha das nosas tradicións culturais máis sobranceiras como é o entroido

Lea también

La Policía Portuaria de Ferrol celebró este jueves la festividad de su Patrón, el Cristo de los Navegantes

La Policía Portuaria de Ferrol celebró en la mañana de este jueves la festividad de …