A Deputación financia o programa para a selección, reprodución e mellora da abella negra local da Casa do Mel de Goente

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Asociación Apicultores Casa do Mel, Manuel Ferreira, acompañados da concelleira de Turismo do Concello das Pontes, Elena López, asinaroneste luns o convenio polo que a institución provincial financia o programa para a selección, reprodución e mellora xenética da abella negra local que está a desenvolver a Casa do Mel situada de Goente.

A achega provincial, que ascende aos 18.499,44 euros, permitirá executar o plan de recuperación e mellora xenética da abella local que se elaborou co asesoramento da Oficina de Transferencia da Investigación da Universidade de Murcia e da doutora experta na materia, Pilar de la Rúa Tarín.

Segundo argumentan desde a Casa do Mel, a recuperación da abella negra local presenta unha dobre vertente positiva xa que non só repercute na biodiversidade da especie, na conversación e protección dos ecosistemas e da paisaxe do territorio nos que se recupera e fixa á poboación, senón que tamén permitirá lograr unha maior produción co consumo de menos recursos, debido á súa mellor adaptación ao medio e resistencia ás enfermidades máis comúns.

Os obxectivos específicos do proxecto que se propón englóbanse en tres puntos principais: a recuperación e conservación da abella local tras anos de introdución de liñas de abella italiana con cruzamentos e hibridación coa autóctona; a mellora xenética da abella local para manter a súa adaptación ao medio e mellorar algunha das características produtivas, sanitarias e de mansedume; e a expansión da abella local entre os apicultores do territorio para obter unha maior produtividade, reducir as perdas, ampliar a supervivencia dos enxames e, en definitiva, ter unha mellora no rendemento das explotacións.

Valentín González Formoso valorou o traballo que se fai desde a Casa do Melque viu incrementada a súa actividade exponencialmente nos últimos anos debido á incorporación de novos socios” e que “realiza unha labor moi importante que repercute na economía local, comercializando no pequeno comercio o excedente de mel que produce, contribuíndo á promoción dun produto típico e local como o mel, e ademais proporciona información, formación e especialización aos apicultores para que estes acaden unha maior produtividade, un incremento na calidade dos seus produtos e, polo tanto, unha maior penetración e diferenciación no mercado”.

Manuel Ferreira explicou que a importancia do programa radica en que “a abella negra sufriu unha forte erosión xenética nos últimos tempos debida á merma das colonias e a importación de razas foráneas, que tivo como consecuencia a aparición e rápida difusión de colonias híbridas, poñendo en perigo a subsistencia da abella local que queremos manter”.

Lea también

Cariño conmemora el 25N con actividades varias

El Concello de Cariño conmemorará el 25N, Día Internacional para la Eliminación de la Violencia …