Este venres 23 de xullo a partir das 20 h. percorrerá as rúas de Ferrol a «Ruada do Día da Patria Galega» convocada polo BNG, a CIG, a Fundaçom Artábria, a Plataforma Vía Galega e Semente de Trasancos.
Nun comunicado sinalan que «Este acto ten como finalidade comemorar o Día da Patria Galega, visibilizar a nosa identidade nacional e os nosos símbolos nun ambiente distendido pero cargado de reivindicación polo dereito do noso país á ter plena soberanía e avanzar na construción dunha república galega».
A comitiva partirá da praza do Hino Galego às 20 horas e logo de transitar polas rúas do centro de Ferrol rematará na praza de Armas e convidan a todas as persoas a participar na mesma lucindo a bandeira galega.
Esta ruada que xa alcanza a súa sexta edición celebrarase seguindo as recomendacións sanitarias vixentes, coa obriga do uso de máscara e mantendo a distancia de seguridade