Cabanas-Súmase ó selado dixital da credencial de peregrinos

A Casa do Concello e a Oficina de Información Turística de Cabanas súmanse ós puntos nos que as personas que están a facer o Camiño Inglés de Santiago poden selar as súas credencias dixitais, tendo a mesma validez que a tradicional en papel á hora de obter a Compostela completando a ruta.

Para facer uso da mesma, débese ter instalada a aplicación oficial “Credencial de Peregrino”, e unha vez iniciado o Camiño de Santiago ir selando a credencial dixital a través da lectura dos códigos QR que certifican o paso polos diferentes puntos do Camiño, como os instalados nas dúas instalacións municipais de Cabanas situadas ó pé da ruta xacobea.

Esta iniciativa do Xacobeo 2021 – 2022 ten como principal obxectivo aumentar a seguridade na actual situación epidemiolóxica, xa que contribúe a reducir o contacto físico.

Lea también

O concello de Pontedeume habilitará de novo os baños públicos da parte baixa do Torreón dos Andrade

O Concello de Pontedeume informa de que xa deron comezo os traballos de reparación e posta a punto dos baños públicos que se atopan na parte baixa do …