CCOO insta a Mango, a multinacional española Punto FA, S.L de roupa, a procurar axiña a recolocación das seis traballadoras despedidas na tenda de Ferrol tras o peche, onte por sorpresa e sen comunicación previa ao seu persoal, do establecemento situado na rúa Dores onde a marca levaba moitos anos de actividade.
Na tenda de Ferrol traballaban seis mulleres as que onte, a dirección da marca lles comunicou o despedimento nunha xuntanza ordinaria as 14:30 horas na que deron orden de pechar a tenda sen solución alternativa.
A firma alega que a tenda situada no centro comercial Odeon é unha franquicia con diferente CIF e sede social e desbota a súa recolocación no municipio veciño. Non obstante, desde CCOO instamos a firma a
repensar a súa decisión e buscar unha alternativa que garanta o emprego e a continuidade do personal da tenda do centro da cidade e empregaremos as nosas ferramentas legais e xurídicas nese propósito.
Por último, as traballadoras da firma, coas que mantivemos hoxe un encontro no seu espazo de traballo ao que acudiron hoxe puntualmente, pese a ter a porta pechada ao público, quixeron trasladarnos o seu agradecemento a súa clientela polo agarimo e a confianza destes anos.
Lamentar que o peche da tenda de Mango no centro ven a sumarse a outros recentes de firmas ligadas a Inditex que na súa estratexia deshumanizada de deslocalización e aposta polo comercio online, esquecen as persoas, baleiran o centro histórico da nosa cidade e non revirten en Ferrol os inxentes beneficios obtidos durante décadas.