O BNG advirte do «incremento da presión fiscal» que agochan os orzamentos municipais de 2021

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa antes da pandemia | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz do BNG no Concello de Ferrol, sinalou que a documentación achegada para desenvolver o orzamento municipal de 2021 «ven a reafirmar a política fiscal desenvolvida por este goberno desde a súa chegada«. Unha política baseada «no incremento da presión fiscal aos veciños e veciñas mentres minguan os ingresos procedentes das grandes empresas e colectivos privilexiados da cidade«.

O goberno local «pretende compensar a perda de ingresos, por renunciar ao IBI de Navantia e os tributos que o Ministerio de Defensa e a Autoridade Portuaria deberían aboar mediante un incremento exponencial da recadación, por multas e sancións.»

Para o BNG nesta proposta de orzamentos o goberno «pon negro sobre branco este obxectivo e así mentres as previsións de recadación por IBI merman respecto do orzamento de 2018 en 520.000 euros, ao excluír o IBI DE Navantia e tampouco incorporar o IBI do Ministerio de defensa polas propiedades desafectadas, as previsións de recadación por multas e sancións multiplícanse por tres e pasan dos 750.000 euros previstos en 2018 aos 2,24 millóns de euros previstos neste orzamento para 2021.«

O BNG lembra que a xestión destas sancións «efectuase por parte dunha empresa privada que recada o 25% destas sancións e que produto desta política verá substancialmente incrementados os seus beneficios

Tamén increméntase a previsión de recadación polo servizo de extinción de incendios que pasa dos 190.000 euros de 2018 a 380.000 euros en 2021 «que pagarán os veciños e veciñas mediante contribucións especiais ao tempo que o parque de bombeiros, cada vez nunha situación máis precaria por falta de persoal e medios se mantén cunha aportación mínima do consorcio provincial pese a prestar servizo a empresas como Reganosa, a Autoridade Portuaria e ao resto de concellos da comarca.«

Iván Rivas inidcou que o «desmedido afán recadatorio do goberno a través da imposición de multas e sancións aos veciños e veciñas da cidade demostra a súa total indiferenza do PSOE diante da situación que estamos a vivir na cidade produto non só da crise sanitaria económica provocada pola covid-19 senón pola falta de carga de traballo nos estaleiros da ría.»

E o máis «significativo» é que en contraste con este «comportamento fiscalizador e inquisitivo sobre os veciños e veciñas, este mesmo goberno e o alcalde móstranse laxos e submisos diante dos incumprimentos tributarios reiterados de colectivos como a Autoridade Portuaria ou o Estado que neste orzamento para 2021 se asumen con total normalidade«.

Por estas razóns o portavoz municipal do BNG considera que o goberno local «debería rectificar a súa política recadadora recollida nestes orzamentos municipais e desenvolver todas as accións necesarias para cobrar os tributos que correspondelle pagar ao Ministerio de Defensa, a Navantia e á Autoridade Portuaria, a comezar por incluílo nos orzamentos municipais.«

Lea también

La Fundación IgualArte participa en Ferrol en el programa de teatro para escolares de Afundación con Mistura

La Obra Social de ABANCA promueve una programación en la que lo lúdico se conjuga …