O BNG presentará unha proposta de usos alternativa para a casa de Carvalho Calero

María do Mar López e Iván Rivas na casa natal de Ricardo Carvalho Calero | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, tras a presentación esta mañá do proxecto do goberno local para a casa de Carvalho Calero lamentou a visión «tan superficial» que o goberno local ten «do que significan os nosos referentes intelectuais» como é Carvalho Calero.

Ivan Rivas, afirmou que desenvolver un espazo de co-working «nun edificio tan singular e significado como este ou pretender zanxar o que significa a obra de Carvalho Calero desde unha perspectiva filolóxica, lingüística e cultural cunha simple casa museo demostra a banalidade coa que o goberno local afronta este proxecto», sinalando que, se o obxectivo «é querermos ter contentores arquitectónicos sen fins e baleiros de uso«, a opción escollida polo goberno local «é a mellor opción«.

Ao redor da figura de Carvalho Calero entran moitos aspeitos que este goberno «esquece» vinculados á lingua, á cultura ou a literatura galega «que deben formar parte do plan de usos para a recuperación da casa de Carvalho Calero.» Un proxecto de usos para este edificio «debe ser debatido e consensuado non só cos partidos políticos senón tamén co conxunto de asociacións que existen na cidade e que levan moitos anos traballando na recuperación da memoria e do traballo de Carvalho Calero ademais de contextualizalo no barrio e na cidade«.

A posibilidade de recuperar a súa biblioteca, desenvolver un espazo para asociacións culturais, un espazo de referencia da historia, das análises lingüísticas ou da literatura galega e compaxinalo con outros referentes do barrio como Benito Vicetto, as Irmandades da Fala ou a editorial Céltiga «son diferentes alternativas que precisan dunha valoración previa que o goberno ignorou«, afirma Iván Rivas.

Por parte do BNG presentarán unha proposta alternativa de usos para a rehabilitación deste inmoble «que teña en conta o contexto cultural, histórico e o traballo que Carvalho Calero desenvolveu ao redor da lingua e literatura galega«. O obxectivo desta rehabilitación debe ser «conservar o patrimonio, promover a cultura, a lingua e a literatura galega e reforzar a participación e identidade do barrio e da cidade«.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …