O BNG pedirá no pleno a convocatoria do Premio Literario Carvalho Calero

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa antes da pandemia | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol esixe ao goberno local que proceda a convocar o premio de creación literaria e investigación lingüística Carvalho Calero, proposta que defenderá no vindeiro pleno municipal.

O BNG considera «imprescindíbel» a convocatoria deste premio literario xa que «contribuiría a ensalzar a figura de Carvalho Calero e reforzar os minguados actos de tributo que recibiu neste o seu ano. Así mesmo debemos insistir na idea de que é preciso prolongar a celebración do Día das Letras adicado a Ricardo Carvalho Calero ao ano 2021 e esiximos ao alcalde que se esforce neste obxectivo e vaia máis alá dos retóricos pronunciamentos formais sobre esta proposta«.

Para o BNG que este premio literario leve sen convocarse desde o ano 2016 «é unha mostra da desídia que se ten sobre a figura de Carvalho Calero«.

Cumpre lembrar que este premio era convocado polo Concello de Ferrol en colaboración coa Sociedade Cultural Medulio e que a súa primeira edición convocouse no ano 1990 tras a morte de Carvalho Calero tendo un carácter anual nas súas primeiras edicións, mudandose, con posterioridade, a súa periodicidade para darlle un carácter bianual a un premio que se ten convertido nun referente no mundo literario galego, tanto polo número das súas edicións como por ser un dos poucos premios literarios que permitían a apresentación de traballos en calquera das normativas do galego mantendo a fidelidade as teorías lingüísticas de Ricardo Carvalho Calero.

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …