O Concello de Ferrol xa ten todo preparado para que a Casa do Mar entre en funcionamento nos próximos días como albergue provisional para persoas sen teito. O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, acompañado pola concelleira de Benestar Social, Eva Martínez, visitou a primeira hora da mañá deste luns a instalación da estrada Alta do Porto para interesarse pola marcha do acondicionamento das 12 habitacións dobres coas que conta o edificio.
O rexedor quixo mostrar a seu máis sincero agradecemento tanto á Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, por ceder o espazo ao Concello, como á Armada, que a través do Tercio Norte de Infantería de Marina e a marinería da Escola Antonio de Escaño dotou a primeira hora deste luns o novo albergue provisional con 24 camas, almofadas e toda a roupa de cama necesaria nun “tempo récord”, explicou Mato. Todas as administracións, dixo, “estamos a traballar unidas e de forma coordinada para loitar contra o Covid-19”.
A finais da pasada semana o alcalde ordenou ao departamento de Servizos, que dirixe Ana Lamas, que realizase unha limpeza en profundidade da Casa do Mar para posteriormente iniciar o seu acondicionamento co obxectivo de “protexer o máis posible a toda a cidadanía, neste caso ás persoas que nestes momentos atópanse sen un teito baixo o que vivir”.
Vixilancia 24 horas
Da mesma forma que sucede en outros albergues, este provisional contará con vixilancia durante as 24 horas do día e a súa xestión levarase a cabo desde a concellería de Benestar Social. “Como non podía ser de outra maneira”, dixo a concelleira responsable da área, “apostamos por un lugar digno para os nosos veciños, onde poidamos darlles un teito e tamén protección ante o Covid-19”.
Y solo tardaron tres semanas desde que se declaró el estado de alarma. «En tempo récord» dice el alcalde.