O alcalde agradécelles aos grupos municipais o seu apoio ás medidas adoptadas polo goberno local para facer fronte á crise do coronavirus

Xunta de voceiros telemática | Concello de Ferrol

Os portavoces dos catro grupos municipais e o alcalde mantiveron esta mañá unha reunión a través de videoconferencia na que analizaron as repercusións da crise do COVID-19 para Ferrol e puxeron enriba da mesa diferentes propostas tanto do ámbito social coma do económico. Ángel Mato explicoulles o detalle das medidas que durante as últimas dúas semanas adoptou o goberno municipal, tanto de carácter interno, referidas ao funcionamento do Concello, como externas, enfocadas á cidadanía. Mato fixo unha exposición detallada por cada concellería e despois escoitou as propostas que lle achegaron dende os tres grupos da oposición. A maior parte delas céntranse, por unha banda, no ámbito social, e por outra, no económico, para dar resposta a situacións persoais de vulnerabilidade e aos problemas derivados do cese de actividades. Segundo dixo o rexedor tras a xuntanza, o seu equipo analizará de maneira pormenorizada todas esas contribucións para preparar reunións sectoriais nas que tratar temas máis concretos e intentar chegar a acordos.

Mato explicou que os grupos municipais, sen excepción, mostraron o seu apoio ás medidas postas en marcha polo goberno local durante estas semanas e agradeceulles novamente a súa colaboración. Todos os voceiros se prestaron a seguir traballando nos próximos días, sexa por vía telemática ou mesmo de forma presencial.

Lea también

Este viernes se puso en servicio un nuevo tramo de la Avenida de As Pías

El Delegado del Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, supervisó en la mañana de este viernes, …