O Concello e as asociacións culturais unen esforzos para homenaxear a Carvalho Calero

Reunión do Concello coas asociacións | Concello de Ferrol

A concelleira de Economía, Facenda e Promoción Económica, María Teresa Deus, e o de Cultura e Educación, Antonio Golpe, mantiveron unha reunión con representantes dunha ducia de asociacións culturais para coordinar e poñer en común os actos previstos con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea ao escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero.

Asistiron á reunión de traballo membros da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística, da Cig Ensino Correlingua, da asociación cultural Ferrolterra Antiga, Muíño do Vento, Federación de Teatro Amador Galego Amatega, asociación xuvenil Agarimo de Catabois, agrupación musical Nuestra Señora del Carmen, agrupación musical Sons do Día, asociación Medulio e representantes das asociacións corais Alecrín e a polifónica ferrolana A Magdalena.

A concelleira Deus destacou a “boa disposición” dos asistentes á reunión para “colaborar conxuntamente” no desenvolvemento das actividades ao redor de Carvalho Calero e explicou que moitas delas xa están a realizar diferentes iniciativas en colaboración co Concello. Outras “ofrecéronse a traballar con nós”, dixo.

Deus lembrou que os actos en recordo do escritor ferrolán comezaron coa inauguración da exposición sobre a súa vida e obra, que pode visitarse no centro cultural Torrente Ballester ata o 31 de maio, e desde entón o Concello “traballa para difundir a obra do autor ferrolán e darlle o recoñecemento que merece”.

Tras a reunión coas asociacións culturais, nos próximos días os edís reuniranse tamén cos representantes das asociacións veciñais co mesmo obxectivo, traballar de forma coordinada nos actos conmemorativos.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …