O Concello adxudica as obras de reparación do pavillón de Santa Mariña

Estado del pabellón de Santa Mariña

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Obras e Servizos, que dirixe Ana lamas, vén de adxudicar o proxecto de eliminación de pingueiras e cambio de portas no pavillón polideportivo de San Mariña. Unha actuación necesaria, explica a edil, tras a entrada de auga no interior do edificio. O contrato foi adxudicado á empresa Excavaciones Saavedra y López S.L. por un importe de 33.867,90 euros e con un prazo de execución de dous meses.

Esta intervención será a primeira que se executa no pavillón, unha instalación municipal que rexistra moito uso. O proxecto inclúe a substitución de dúas portas exteriores por outras novas antibandálicas e con dispositivos antipánico, a instalación de extintores e carteis indicativos da súa situación, a actualización das medidas antiincendios e a colocación de carteis homologados de saída.

A reparación en Santa Mariña inclúe tamén a substitución das pranchas de policarbonato na cuberta e na fachada norte, a reposición dun novo cumio, a revisión da totalidade dos parafusos con substitucións dos que estean deteriorados e a limpeza de cuberta, caneiros e baixantes. A intervención tamén recolle a reparación das pranchas de aceiro que presenten pingueiras e a substitución de parte dos caneiros e baixantes que estean deterioradas.

A concelleira Ana Lamas explicou que a reparación do pavillón da resposta a unha demanda veciñal que vén de tempo atrás. Esta intervención, engadiu, “é un exemplo máis da vontade do equipo de goberno de mellorar as instalacións deportivas da cidade”.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …