Eva Martínez invita ás entidades de ocio a participar no proxecto Proinfancia

Eva Martínez Montero en rolda de prensa | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez Montero, vén de invitar ás asociacións de ocio da cidade, tanto culturais como deportivas, a participar no proxecto Caixa Proinfancia, unha iniciativa da Fundación La Caixa en colaboración co Concello. O seu obxectivo é o de romper o círculo da pobreza hereditaria coa educación como clave poñendo ás familias no centro e aos axentes públicos e privados ao seu ao redor para atender de forma coordinada ás familias.

No programa tamén participan ás asociacións Dignidad, Secretariado Gitano e Acción Familiar Ferrol. Representantes destas tres entidades e a concelleira Martínez mantiveron esta semana unha reunión de seguimento para avaliar os resultados dunha iniciativa que busca “a integración plena dos nenos cos que traballamos”, explica a edil. Por elo, e unha vez “alcanzada a súa integración a nivel académico” a través de varios programas —grupos de reforzo para estudantes de primaria e secundaria e atención individualizada —, o reto agora da concelleira é avanzar na integración social dos pequenos mediante a súa participación en actividades culturais e deportivas. A principios de marzo a responsable de Benestar Social reunirase coas entidades interesadas en colaborar no programa Proinfancia.

Ampliación da zona de actuación

A concelleira fai un “balance positivo” do proxecto. De feito, explica, “ten moi bos resultados en todos aquelos municipios onde se realiza”. Dende que comezou no ano 2017 atendeuse a cerca de 50 familias. A finais de outubro, e a proposta de Martínez, a Fundación La Caixa ampliou a zona de actuación do programa contra a pobreza ao conxunto do barrio de Recimil e aos ensanches A e B, é dicir, o territorio amparado pola unidade básica de traballo social número 3, centralizada na Casa Solidaria.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …