O Concello adxudica as obras de ampliación da estrada de Pazos

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación da primeira fase das obras de ampliación da estrada de Pazos á empresa Copcisa S.A. por un importe de 396.911,84 euros, ive incluído, cun prazo de garantía de 11 anos. O prazo de execución na vía da parroquia de Serantes é de catro meses desde o día seguinte á firma de comprobación do replanteo.

As obras proxectadas consisten na mellora da mobilidade peonil e a seguridade viaria da estrada de Pazos, neste caso nun tramo de aproximadamente medio quilómetro desde o cruce coa DP-3603. Ampliarán a plataforma actual dotándoa dun espacio diferenciado e seguro para o tránsito peonil polo marxe esquerdo e proverase de servizos enterrados baixo a beirarrúa para substituír o entramado aéreo actual. Tamén se renovará o mobiliario urbano e o alumeado, instalarase unha varanda para a protección dos peonil e colocaranse novas marcas de sinalización viaria lonxitudinal e transversal.

A intervención na estrada de Pazos inclúe tamén a ampliación dun pequeno ponte de formigón armado sobre o Rego da Sardiña, que se levará a cabo con materiais similares e respectando o curso da auga. A sección hidráulica da ampliación será mellorada con respecto á actual pasando de 1,46 metros de altura útil a case 1,48-1,50 mantendo intacto o canal.

Na Xunta de Goberno Local tamén se aprobaron os prezos das entradas de catro actividades que se celebrarán no Teatro Jofre a través dun convenio asinado entre o Concello de Ferrol e o Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).

O espectáculo Jon Braun, terá lugar o 1 de marzo ás 12.30 horas e custará 5 euros. Narra a historia dun poboado indio onde reina a alegría. Un día as vidas de Jon Braun e a súa irmá sepáranse. A valente irmá é capturada, pero ela nunca se esquecerá de Jon Braun e as súas orixes e o pequeno indio decidirá ir buscar á súa irmá. Trátase dunha emocionante historia que conta como o amor pode vencer á adversidade.

O día 28 do mesmo mes, ás 20.30 horas, terá lugar Macbeth – O ruído e a furia, a gran traxedia de William Shakespeare protaxonizada por los actores Luis Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo. As entradas custarán 5 euros.

O 25 de abril, tamén ás 20.30 horas, o Teatro Jofre acollerá Celebraré mi muerte, unha representación que conta a forma na que a vida do médico Marcos Hourmann cambiou para sempre. A entrada custará tamén 5 euros. Por último, o 29 de abril, terá lugar á mesma hora Leira, un espectáculo de música e danza que representa a beleza das labores do campo. O prezo das entradas será de oito euros.

Lea también

El Grupo Sacramental de Fieles de Ferrol colabora con ADOS en la promoción de las donaciones de sangre

El Grupo Sacramental de Fieles de Ferrol está desarrollando una campaña especial destinada a sensibilizar …