O alcalde destaca a figura “crítica e inconformista” de Xosé Chao Rego con motivo da ofrenda en memoria do que foi párroco de Santa Mariña

Ofrenda a Xosé Chao Rego | Concello de Ferrol

O alcalde, Ángel Mato, puxo en valor esta mañá a figura “crítica e inconformista” de Xosé Chao Rego durante a ofrenda floral que o Concello organizou no parque de Santa Mariña que leva o nome do que foi cura desa parroquia durante preto de dúas décadas. O rexedor destacou a xenerosidade e o compromiso social de Chao durante a súa etapa ferrolá, da que a presidenta da asociación veciñal, María Rivera, lembrou que deixou unha especial pegada entre os habitantes do barrio.

Ambos depositaron xuntos unha palma de flores ante o monolito que o lembra no parque situado xunto a igrexa. Foi durante un sinxelo acto ao que tamén asistiron o primeiro tenente de alcalde, Antonio Golpe, e concelleiros dos grupos municipais do Partido Popular, de Ferrol en Común e do Bloque Nacionalista Galego en representación de toda a corporación.

Lea también

El PSOE de Ferrol denuncia un “engano masivo” de Rey Varela con los comedores sénior

El Grupo Municipal del PSOE de Ferrol ha acusado al alcalde, José Manuel Rey Varela, …