O Concello dotará á Biblioteca de novo mobiliario para mellorar a hemeroteca, a zona audiovisual e habilitar un espazo para adolescentes

O Concello de Ferrol ven de aprobar a adquisición de novo mobiliario para a Biblioteca municipal, na praza de España, por un importe de case 18.000 euros e destinado a mellorar a hemeroteca, o espazo audiovisual e á creación dunha zona dirixida a adolescentes.

Esta última actuación supón unha inversión de uns 7.200 euros entre a adquisición de 4 andeis, 4 puffs, 8 cadeiras e unha mesa (6.100,03 euros) e un equipamento audiovisual composto por una consola, unha mesa e unha televisión (1.106,24 euros). O Concello pretende así habilitar na planta baixa un espazo orientado aos usuarios de entre 12 e 15 anos.

O novo material tamén mellorará a hemeroteca coa adquisición de 8 cadeiras, 4 mesas baixas, 5 altas e 15 butacas (5.210,59 euros) e a zona audiovisual de adultos, que estreará 8 puffs, 2 cadeiras, 3 andeis e 2 soportes de televisión (5.542,36 euros).

O edil de Educación e Cultura, Antonio Golpe, sinalou que “a aposta do Concello pola Biblioteca é firme” e indicou que a adquisición do novo material “mellorará a estancia dos usuarios”.

Lea también

Rescatada una persona en Ferrol tras caer con su coche en un regato

Una persona tuvo que ser rescatada en la tarde de este pasado jueves en Ferrol …