Ferrol en Común insta a «esgotar todas as vías para restaurar a xustiza social fronte á aldraxe pactada entre PP e Socamex en 2014» coa aprobación da taxa de saneamento

Fot.Adán Puentes

Ferrol en Común, coñecida a sentenza do TSXG no día de onte, considera que esta resolución «non entra no fondo da cuestión» e é consecuencia do que se pactou pola corporación do Partido Popular en forma de ordenanza, xa que literalmente di a sentenza que “recolle unha pluralidade de supostos suxeitos a tributación e un desenvolvemento plurifásico do servizo de recollida e tratamento das augas residuais ao londo dun período de tempo”, o que dáse a chamar na ordenanza como feito impoñible “posta en marcha”.

Dende FeC consideran que tres auditorías externas, unha delas pública, xa que é dun organismo dependente da UDC, así como o informe dos técnicos municipais avalan o que na EDAR viron no goberno anterior, que baixo o paraugas de “posta en marcha” vía taxa, que debe servir en dereito público unicamente para «sufragar un servizo que se presta”, se recadou «unha cantidade inxente de diñeiro da veciñanza para substituír bombas, vaciar tuneis anegados, manter laboratorios con material sen desembalar, reparar grietas en tanques de decantación, non cumprir ratios de persoal necesario e, como recoñeceu o propio enxeñeiro de Socamex, desviar todas as augas residuais que entraban na EDAR por bypass a mar aberto«.

Para Ferrol en Común a posta en marcha non pode significar máis que abrir as comportas para a entrada da auga residual no sistema, acender os aparellos eléctricos, facer as primeiras probas técnicas e comezar a depurar. Feito que non se deu ata abril de 2017, como así se certificou novamente polos técnicos municipais. E é que a aprobación da ordenanza en 2014 unicamente serviu para, «ás présas«, «pactar unha recepción sen actas, sen inspección previa, sen saber en qué condicións se atopaba a instalación, para en gobernos monocolor Concello, Xunta e Estado do Partido Popular agochar unha nefasta xestión que poñía en risco un investimento millonario, xa que foi financiado pola UE e non simular o seu funcionamento podería traer responsabilidades que disfrazaron cunha falsa depuración, unha ordenanza sangrante e unha visita protocolaria a un sistema inoperante«.

Facer memoria de que esa ordenanza tratou de tombarse por Ferrol en Común ata en tres ocasións no pleno de Ferrol, cunha taxa menos lesiva, máis económica e transparente para a veciñanza pero foi rexeitada por Partido Popular e o Partido Socialista da anterior corporación, «este último xa nunha deriva cara a ningunha parte que bloqueaba calquera iniciativa do goberno por desgaste«.

Instan ao actual goberno a explorar todas as vías, incluido o recurso de casación, para tratar de certificar o xa feito por técnicos especialistas, do ámbito público e privado, «que non existía depuración e por tanto non cabría o cobro da taxa,» así como a que recupere o expediente da nova taxa de saneamento, «moito máis axustada economicamente, para evitar seguir danando as economías dos fogares ferroláns«.

Lea también

Psoe Ferrol urxe a reparación e mantenemento dos espazos culturais

A concelleira socialista Montserrat Dopico insta ao goberno de Rey Varela «a acometer as obras …