Elena Candia presentou no Concello de Ferrol as festas das San Lucas

Elena Candía, Ángel Mato e Miguel Souto na presentación de As San Lucas | Concello de Ferrol

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o presidente da comisión de festas das San Lucas, Miguel Souto, presentaron na tarde do mércores no Concello de Ferrol “por primeira vez” as celebracións mindonienses, que este ano contan como novidade destacada cun Festival Intercéltico no que participarán Gwendal, Lunasa e Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. Ambos estiveron acompañados polo alcalde de Ferrol, Ángel Mato, que animou a todos os ferroláns a acudir a unhas festas que “os que xa as coñecen saben que paga a pena ir”. Mato destacou que ambas cidades están irmandadas, o que converte a Ferrol, tamén irmandada con Lugo, na urbe “máis lucense de toda a provincia da Coruña”.

Souto abundou nesa idea e dixo que a presentación en Ferrol obedece, precisamente, a que se trata de “concellos irmáns”. Lembrou que As San Lucas é “unha das feiras máis antigas de Europa” e que o ano pasado xa se presentara nas sete capitais do antigo Reino de Galicia. Destacou tamén que Ferrol ten moita relación co mundo do cabalo, porque na súa comarca “hai moitísima afección”, e que este é un dos atractivos dos festexos mindonienses. “É un espectáculo que paga a pena ir velo”, asegurou.

Elena Candia expresou o seu agradecemento a Mato (“por acollernos e acompañarnos”, dixo) e convidou a todos os ferroláns a que se animen a visitar Mondoñedo durante os tres días das festas porque alí poderán gozar “dun programa que suma música, gastronomía e tradición”, e, sobre todo, lle dá continuidade a un patrimonio inmaterial do que os seus veciños se senten “moi orgullosos”.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …