A Sociedade Mixta de Turismo aproba o nomeamento dos novos integrantes do consello de administración

A xunta de accionistas da Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol reuniuse onte no pazo municipal para realizar o nomeamento dos novos membros do consello de administración, que pasa a estar presidido polo alcalde, Ángel Mato. Como vicepresidenta figurará a partir de agora a concelleira María Teresa Deus, que ostenta dentro do goberno municipal de Ferrol, entre outras competencias, a de Turismo.

Completan o consello de administración Emilio Vázquez Rey, como secretario, e os vocais María del Carmen García Fraga, Jesús Basterrechea López, María do Mar López González, María del Carmen Fernández Dopico, Eduardo Hermida Dopico e José Fernández Servia.

Esta primeira xuntanza tras as eleccións municipais serviu tamén para empezar a definir algunhas estratexias de cara aos próximos anos, nas que a Sociedade Mixta quere contar coas aportacións de todos os actores implicados no turismo. Tamén se abordou a promoción do Camiño Inglés de cara ao ano xacobeo, na que se pretende facer especial fincapé.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …