Un total de 55 mulleres participan no primeiro Curso de Autodefensa ante Situacións Violentas que comeza hoxe

Inauguración do curso de autodefensa | Concello de Ferrol

Un total de 55 mulleres comezaron hoxe a primeira edición do Curso de Autodefensa para Mulleres ante Situacións Violentas, que arrincou esta mañá no polideportivo de Santa Mariña e que parte dunha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta. O curso contará con dous monitores da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos da Seguridade do Estado e desenvólvese en oito horas durante dous días, hoxe e o próximo mércores, ambos en horario de mañá.

Ao acto de inauguración acudiron Cristina Prados, concelleira de Muller e Igualdade no Concello de Ferrol; Germán Costoya, concelleiro de Seguridade, María Elvira Miramentos, concelleira do PP, e os dous monitores que impartirán o curso, Manuel Herbón e Víctor Ferreiro.

Prados quixo agradecer á Xunta a iniciativa e anunciou que, ante a boa acollida, o próximo ano 2020, a concellería de Muller do Concello incluirá no programa de actividades que oferta a Casa da Muller outro curso de autodefensa que impartirase ao longo de todo o curso. “O nosa prioridade é que a muller se senta segura, protexida e formada ante calquera tipo de violencia”, dixo.

Pola súa banda, o concelleiro de Seguridad reiterou o apoio do Concello en colaboración coa Policía Local na loita contra a violencia de xénero “para proporcionar maior seguridade as mulleres nesta lacra”, dixo.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …