O plan municipal de rebacheos estendeuse ao longo de 35 pistas e camiños de Fene

O Concello de Fene vén de rematar as actuacións previstas no plan de rebacheos realizado en diversas pistas e camiños das diferentes parroquias do municipio e que contemplou máis de 35 actuacións. Estas obras contaron cun orzamento de 35.859,56 euros.

En concreto, explica o alcalde, Gumersindo Galego, os traballos consistiron nun rebacheo de firme asfáltico. Actuouse en varias pistas do concello co obxectivo de acondicionalas, atendendo así ás demandas dos veciños ante o estado das mesmas.

Na parroquia de Fene realizáronse catro actuacións; seis en Barallobre; cinco en Magalofes; seis en Maniños; cinco en Perlío; dúas en Sillobre; e sete en Limodre, segundo as previsións deste plan de rebacheo.

En Fene actuouse sobre os camiños de San Paio e de Chamoso Alto, en Casa Vella e na subida a Lubián.

En Barallobre rebacheáronse os camiños Loira Castro, Nogueirido Polígono a Cementerio, Romariz a Pomba, Souto Grande e Estrada de Romariz.

En Magalofes, os traballos afectaron a Fontenova, a entrada ao camiño das Picas pola CP3503, o tramo entre o camiño das Picas e Fontenova, e de Fontenova ao Redondo.

En Perlío, o plan de rebacheo chegou aos camiños de Mundín- Centieiras, dos Carballas e o de acceso ao campo de fútbol. Ademais, traballouse na estrada da Pía Municipal e en Matadora.

En Sillobre, actuouse na Costa das Agrochás e en Marraxón.

En Limodre, os traballos executáronse entre Campanario e Cornido e entre Campanario e Prismos. Tamén nos camiños do cementerio, O FornoO Cotillón e o paralelo ao Polígono-Limodre. Rachabordos e O Castelo son
as localizacións que completaron as actuacións nesta parroquia.

En Maniños, o plan de reparación de baches executouse nos camiños Piñeiro Manso, da Garita, Beiramar, Terreiro, na zona do campo de fútbol O Pote e en As Arangas.

Lea también

La Cofradía de Pescadores de Barallobre participará por primera vez en la Feria Auténtica Sevilla 2025

La Cofradía de Pescadores de Barallobre anuncia su participación, por primera vez, en la Feria …