A Oficina de Atención Cidadá do Concello recibiu en agosto unha media de 143 chamadas ao día

A Oficina de Atención Cidadá (OAC) do Concello de Ferrol recibiu o pasado mes de agosto un total de 2.868 chamadas telefónicas, unhas 143 diarias. De elas, 939 resolvéronse de forma directa a través do persoal da propia oficina, 1.239 solicitaron traslado directo a un departamento ou persoa concreta e 690 explicaron o motivo da súa chamada e foron derivados á área correspondente.

Das 1.929 chamadas derivadas a outros departamentos, 299 foron para o departamento de Urbanismo, 214 quixeron comunicar con o Edificio Social, 182 con Recadación, 132 con Obxectos Perdidos, 132 con grupo municipal do PSOE, 103 coa Casa Solidaria, 96 con Alcaldía, 81 con Cultura, 71 con Servizos, 49 con Facenda, 49 con Deportes, 46 con Estatística, 43 coa Policía Local, 42 con Patrimonio, 36 co Centro de Recursos Informáticos, 32 coa Oficina Municipal de Información ó Consumidor, 31 co departamento de Obras, 30 coa área de Seguridade e Tráfico, 27 con Medio Ambiente, 24 co Rexistro Municipal, 23 con Recursos Humanos, 22 coa Mancomunidade, 21 con el gabinete de prensa, 19 con Tesourería, 16 co centro cívico de Caranza, 13 con Educación, 12 con Contratación, 12 con Intervención, 12 con o grupo municipal FEC, 9 con Igualdade, 7 co Centro de Emprego, 7 con Secretaría Xeral, 6 con Participación Cidadá, 6 con Emprego, 5 con Conserxería, 5 con Arquivo, 4 con Normalización Linguística, 3 con Bombeiros, 2 con o grupo municipal do PP, 2 con Turismo, 1 coa biblioteca municipal e 1 con o grupo municipal do BNG.

O canal máis directo e áxil para todas aquelas persoas que queiran comunicar coa Oficina de Atención Cidadá do Concello, situada na planta baixa do pazo municipal, é a través do teléfono 981 944 000 ou a través do correo electrónico atencioncidada@ferrol.es.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …