A Biblioteca Municipal de Ferrol acollerá o próximo 17 de setembro, as 17.30 horas, unha charla sobre Disciplina Positiva. A entrada será libre.
Laura Balado, certificada en disciplina positiva pola Positive Discipline Association e coach familiar e educativa dirixirá a charla, na que explicará cómo entender o comportamento dos fillos e cómo guialos no seu camiño de forma positiva e afectiva pero firme e respectuosa. Tamén abordará asuntos como a empatía, a comunicación o e entendemento das relacións familiares e explicará que a clave está en ensinar competencias básicas para a vida.
A charla dará paso a dous talleres que se celebrarán en outubro e novembro, un dirixido a pais e educadores de nenos pequenos e outro a pais e educadores de adolescentes.