Ángel Mato comeza a campaña co obxetivo «de presentar un proxecto consensuado nos temas estratéxicos»

Ángel Mato antes da pegada de carteis | PSOE

A conta atrás para ás eleccións locais xa comezou, coa xa tradicional pegada de carteis. Quince días nos que as e os socialistas tratarán de facer chegar as súas principais propostas nos diferentes eidos que, como destacou o seu candidato, Ángel Mato, teñen como obxectivo prioritario frear o desemprego e o despoboamento, principais problemas que ademai, están moi vencellados entre si.

Para poñer freo a estes problemas, provocados, segundo explicou o cabeza de lista do PSdeG-PSOE, “por unha excesiva dependencia do naval, a falta de apoio e recurtes nos servizos públicos básicos, a perda progresiva da actividade ligada á Armada ou a perda da centralidade de Ferrol respecto ao resto de Concellos da comarca, así como a reposta urbana insuficiente ou á competencia residencial con Narón”, Mato considera vital poñer enriba da mesa unha serie de respostas.

A primeira, establecer un proxecto de cidade consensuado. A este respecto, hai que lembrar que hai só uns días Mato presentaba “10 acordos de cidade”, coa idea de acadar polo menos en dez temas tratéxicos para a cidade un consenso necesario para poder avanzar. O Ferrol para as persoas –optimizar recursos humanos e materiais para cubrir todas as necesidades en materia social-, o saneamento do rural, a rehabilitación de Ferrol, avanzar na candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial, a ampliación da área sanitaria, a aposta polo campus industrial, a execución da depresión das Pías, a firma do convenio de Defensa e a mellora das conexións ferroviarias integran este documento, co que o socialista espera sentar as bases do futuro de Ferrol, de forma conxunta con todas as forzas políticas.

O sentido da política é acadar acordos e a ferramenta para chegar a eses acordos é o diálogo”, subliñou Ángel Mato, para o que “non semella razoable que para as principais necesidades que ten Ferrol non sexa posible chegar a un acordo entre as diferentes opcións políticas”. “As necesidades da cidade deben estar sempre por diante das cuitas de partido”, engadiu.

En segundo lugar, o candidato considera que o Concello debe ser un “interlocutor permanente coas diferentes administracións públicas”, especialmente coas que teñen máis ligazón coa cidade, “tanto para sacar adiante os proxectos pendentes como para promover o desenvolvemento de aqueles que achegan importantes sinerxias para o crecemento”, como a Universidade, o CIS ou as escolas de formación da Armada, entre outros. “Un ten que gobernar para todos, sen prexuízos”, afirmou Mato, que destacou que “o alcalde ou a alcaldesa da cidade representan a toda a veciñanza, sen exclusión”.

E, finalmente, traballar para que o Concello sexa o “principal motor do impulso da cidade, optimizando os recursos para transformar o gasto corrente en investimento”. Sobre este punto, Mato referiuse a poñer en marcha medidas tales como modernizar e mellorar a administración local; desenvolver políticas que permitan reducir as desigualdades entre a cidadanía; establecer plans a medio prazo para a mellora e recuperación de cada barrio; garantir uns servizos públicos de calidade. “A cidade debe ser atractiva”, apuntou.

Ferrol debe ser unha cidade que, baseándose na súa capacidade industrial, desenvolva outros sectores de actividade xeradores de emprego que permitan o establecemento na nosa cidade e, ademais, Ferrol ten que mellorar a súa complexidade e desenvolverse cunha perspectiva planificada a medio prazo e que xire sobre unha idea: a comodidade que ofreza ás súas e aos seus veciños”, resumiu.

Oportunidades

Malia a situación complicada na que se atopa Ferrol, Mato non quixo deixar a ocasión para abordar as que considera “oportunidades” que ten a Ferrol, algunhas delas plasmadas nos dez acordos de cidade.

A recente firma das F-110, que garanten dez anos de traballo para o que segue a ser o principal sector económico tanto de Ferrol como da comarca, así como a implantación do xa aprobado plan industrial ou a necesaria implantación do estaleiro 4.0 –cun investimento de 240 millóns- constitúen elementos fundamentais, indicou, para afrontar o futuro de Navantia e empresas auxiliares.

A ampliación e mellora do complexo hospitalario, cunha partida de 60 millóns, debe ir acompañada, como destacou, da incorporación do “persoal necesario para desenvolver unha cada vez mellor prestación sanitaria”.

Outra oportunidade ao seu alcance é a Universidade. De feito, para o candidato socialista, “debe ser a palanca de cambio dun modelo produtivo dirixido a incrementar o valor engadido dos produtos e/os servizos a través dunha máis intensiva colaboración público/privada”. Darlle contido ao CIS ou apostar dende o Concello pola creación dos servizos que precise a UDC e poñer á súa disposición as dotacións que requiran son prioridades para o socialista, se o 26 de maio acada a confianza cidadá para gobernar.

Relevante patrimonio histórico e natural

Ferrol conta, por outra banda, dun, e aí hai outra oportunidade de futuro. Traballar na recuperación dos barrios históricos, na candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial, aproveitar e mellorar o Camiño Inglés e continuar a rehabilitación do castelo de San Felipe, baluartes e baterías de costa son obxectivos do equipo de Ángel Mato, que tamén considera prioritario desenvolver un atractivo turístico sustentable e aproveitar o noso entorno natural e a ría.

A aposta por uns servizos públicos de calidade é irrenunciable”, asegurou o candidato, que non só se referiu aos que presta o concello á cidadanía ferrolá, senón tamén a toda a comarca. Precisamente neste punto, Mato insistiu na necesidade de que Ferrol recupere a centralidade con respecto aos municipios que conforman a comarca.

Finalmente, o cabeza de lista do PSdeG-PSOE abundou na grande oportunidade que ten Ferrol nas Forzas Armadas. “No actual contexto geopolítico internacional, habería que explorar co Ministerio de Defensa as necesidades das Forzas Armadas e atender aquelas necesidades que permita poñer a disposicón do Estado as instalacións disponibles”.

A campaña electoral arranca co eslogan “Queremos Ferrol”, un lema que resume este proxecto e o sentimento dos homes e mulleres que integran a candidatura que lidera Ángel Mato e asumen un firme compromiso de traballar arreo pola cidade coa súa veciñanza. Mato espera desta campaña chegar ao máximo número de ferroláns e ferrolás e explicar o seu modelo de cidade para o día 26 obter a confianza que lle permita formar o goberno estable que precisa Ferrol durante os vindeiros catro anos.

Lea también

Llega a Ferrol la exposición Promoción de actuacións financiadas cos fondos europeos

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz, ha inaugurado en la mañana de este viernes …