Ángel Mato promete un pacto local de emprego consensuado cos axentes sociais e económicos

Ángel Mato en rueda de prensa | Adán Puentes

O candidato socialista á alcaldía de Ferrol, Ángel Mato, asegurou hoxe que unha das sus prioridades se obtén a confianza dos veciños e veciñas o 26 de maio “será poñer en marcha un pacto local de emprego, consensuado cos axentes sociais e económicos, que defina as estratexias en materia laboral para a cidade”.

Mato participou na mañá deste mércores na tradicional ofrenda floral conxunta de PSOE e UXT ante o monolito de Pablo Iglesias e na manifestación do Primeiro de Maio, onde repasou as súas medidas en materia laboral. “Nunha cidade como a nosa, a industria e a investigación deben ir da man, por iso apostaremos polo desenvolvemento do proxecto do Asteleiro 4.0., facilitando a modernización das instalacións de Navantia”, explicou.

Esixiremos á Xunta de Galicia a dinamización do CIS da Cabana como Centro Tecnolóxico activo para o desenvolvemento de proxectos de maior valor engadido da nosa industria local”, manifestou o candidato socialista, que reclamará “ao goberno de Feijóo unha aposta pola incorporación de novos ciclos de FP nos centros educativos, que garantan unha mellor oferta formativa en relación coa dixitalización da industria e as novas tecnoloxías”.

O programa socialista para Ferrol inclúe ademais “a obrigatoriedade de traballar coa UDC para o desenvolvemento e ampliación do Campus Industrial de Ferrol, aí está gran parte do noso futuro”.

Á marxe do sector industrial e o ensino, nas reunións que mantivemos desde hai meses cos principais colectivos económicos da cidade detectamos a necesidade de impulsar o emprendemento e o pequeno comercio local, a través de servizos de información e asesoramento”, engade Mato.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …