O candidato do PSOE de Ferrol ao Senado, Julio Barros, reúnese con AGAVIDA

Julio Barros reunido con AGAVIDA | PSOE

Na tarde de onte, martes, reuníronse o candidato do PSOE ao Senado por Ferrol, o avogado Julio Barros e a secretaria xeral dos ferroláns, a tamén avogada Beatriz Sestayo. Esta foi a primeira visita de precampaña do candidato ao Senado que quixo amosar o seu compromiso para acompañar a Agavida nas súas xustas reivindicacións nas Cortes Xerais.

Temas como o amianto cero que levarán os socialistas ao pleno do Concello de Ferrol de este mes, o Fondo de Compensación das Indemnizacións das Vítimas, cuestións de saúde pública e dos tribunais médicos de incapacidade foron abordadas na xuntanza que se mantivo co presidente de Agavida, Ramón Tojeiro e outros membros da entidade.

A xuntanza transcorreu con plena sintonía nos puntos a traballar e no compromiso de seguir facéndoo.

Asemade na xuntanza recordouse a moción que este xoves se debaterá o vindeiro xoves ás 19:00h no Pleno de Ferrol a iniciativa do Grupo Municipal Socialista.

Lea también

El centro cívico de Caranza contará con una nueva envolvente

El centro cívico de Caranza entrará en obras en las próximas semanas, tras la adjudicación …