O Concello de Ferrol presentou os actos do 8 de marzo, no mes da Muller e Igualdade

Sainza Ruiz presentando os actos de 8 de marzo | Concello de Ferrol

‘Súbete ao 8 de marzo. Converteo en infinito’. Detrás de esta contundente e clara mensaxe, está a ampla campaña deseñada desde a concellería de Muller e Igualdade do Concello de Ferrol a prol da sensibilización, concienciación, implicación e mobilización para o mes de marzo, co gallo do Día Internacional da Muller.

A concelleira de Muller e Igualdade, Saínza Ruiz, comparecía hoxe en rolda de prensa para presentar, polo miúdo, tanto os actos programados polo Concello.

O acto central, como xa avanzara Ruiz, será a entrega do galardón institucional do 8 M a científica ferrolá Rebeca Atencia, o día 6 as 20:00 horas. Non obstante, son moitos mais. O programa completo de actos do 8M arranca o día 4 co descolgue da bandeira feminista do frontal do Pazo Municipal, que se iluminará na súa fachada principal en cor lila do 6 ao 8 de marzo. Especial importancia terán o roteiro da incorporación da muller a industria, en colaboración con Navantia, do 7 de marzo (12:00 horas), logo da plantación na pérgola da lembranza do Cantón, nas 11:30.

O día 8, na coincidencia coa folga feminista, haberá unha concentración unitaria no Cantón de Molíns as 12:30, manifestaba Ruiz, que facía un chamamento a unidade de acción de todos os colectivos e forzas. Outra actividades sinaladas terá lugar o día 12 de marzo, as 17:00 na colaboración co Clube de Montaña no rocódromo da Malata, ‘Rompendo Teitos de Cristal’, previa inscrición a través das fichas que xa están a vosa disposición na web municipal, tanto para o rocódromo como para o roteiro.

Todos os luns, haberá cinefórum feminista na Casa da Xuventude, en réxime de autoxestión e da man dunha entidade como Xeración. Ademais, Igualdade participa dun ciclo coa UDC Fuco Buxán sobre o compromiso en lila, que terá a súa propia gala Ferrol en Lila no CTB o 13 de marzo as 19:30 horas, acompañado de ‘Mulleres Expostas’ en 2 pases no CTB as 19 e as 20:45 horas. Outro dos actos emotivos e moi significativos será a presentación do libro ‘Voces da Memoria con Ollos de Muller, de Ánxela Loureiro, o día 22 de marzo as 20:00 horas.

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …