O Esteo salva un punto sobre a bociña

Os xogadores celebrando o empate ante o Ventorrillo | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala rescatou un punto a falta de 30 segundos no partido disputado este sábado á tarde no Pavillón da Fraga ante o Ventorrillo coruñés.

Pese a dispoñer de boas ocasións para adiantarse, mediado o primeiro tempo, tras un bo pase de Buxía a Matos, este acaba marcando de forte disparo por baixo, e tralo saque de centro, perdían o balón os locais e despois dun disparo de Buxía, rexeitaba Jesús, o balón quedou morto e outra vez era Matos o que o empurraba ó fondo das mallas.

De aí ó descanso apretaron os locais sen conseguir marcar, a resaltar un tiro ó poste de Cokito (13´). No segundo tempo saiu o O Esteo con porteiro-xogador e tivo os seus froitos co gol de Pana, aínda que replicaron os visitantes co tanto do porteiro Iván.

Seguirono tentando os locais e recurtaban distancias mediado o segundo período tras un golazo de Rober Paz con pouco ángulo polo escuadro. Xa na derradeira intentona con porteiro-xogador, no borde da área Jacobo lanzou un forte zapatazo que pese a rozar un pouco o balón coas mans o porteiro acabou entrando pola escadra establecendo o 3-3 definitivo.

Salvou un punto o O Esteo, que xa suma 13, noveno, sete por riba dos postos de descenso, antes de visitar ó Universidad de Valladolid, quinto con 16.

O ESTEO FS: Jesús, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo – cinco inicial – Pana, Rober, Bruno, Troncho, Dani, Ayala.

UV VENTORRILLO FS: Jaco, Aitor, Andrés, Alberto Buxía, Matos – cinco inicial – Iván Buxía, Anxo, Berto, Puertas, Johnny.

GOLES: 0-1, Matos (10´), 0-2, Matos (11´). 1-2, Pana (22´), 1-3, Buxi (25´), 2-3, Rober (30´), 3-3, Jacobo (39´).

ÁRBITROS: Roldán Pérez, Dacal Deza, Castro Villar (Pontevedra-Vigo). Amarelas a Jacobo, Dani e Alberto.

INCIDENCIAS: Pavillón de A Fraga. Máis de 200 espectadores.

Lea también

El Triatlón Ferrol desciende tras tres temporadas en la primera división de la liga de duatlón

El equipo masculino del Triatlón Ferrol no pudo lograr la permanencia en la liga de …