O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol mantivo na tarde de onte unha reunión con veciños e veciñas do Bertón na que se analizou a situación actual e se acordou desenvolver unha limpeza simbólica da zona que terá lugar o vindeiro sábado, 20 de outubro, às 11 horas nas inmediacións do parque canino.
No encontro veciñal celebrado na tarde de onte constatouse que transcurriu o prazo estipulado na moción presentada polo BNG e aprobada, por unanimidade do pleno, o pasado mes de setembro no que se acordaba que se procedera ao desbroce das parcelas de propiedade municipal e o acondicionamento do parque canino sen que se acometeran os traballos acordados.
Así mesmo, tras a acción simbólica que desenvolverán este sábado os veciños e veciñas do Bertón, se persiste a situación sen que o goberno municipal actue na zona, decidiron que acudirán novamente ao pleno da corporación de fin de mes, previsto para o 25 de outubro, a expresar o seu malestar e esixir que se actue na zona.
O BNG lembra que a situación actual que se está a vivir no Bertón, pola falla de mantemento das zonas verdes e de lecer deriva dunha situiación recurrente e denunciada periodicamente polo BNG como é a situación de abandono das zonas verdes e de lecer do barrio do Bertón.