O BNG mantivo unha xuntanza con veciños do Bertón e usuarios do parque caniño

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol mantivo na tarde deste  xoves unha reuinión con veciños e veciñas do Bertón así como con usuarias e usuarios do parque canino para analizar a situación na que se atopa o barrio e buscar solucións ao estado de abandono do mesmo..

Unha das maiores queixas do conxunto de veciños e veciñas reside na falta de mantemento e desbroce das parcelas e zonas verdes da zona, propiedade do concello de Ferrol, que levan máis dun ano sen que se lles preste ningún tipo de atención. A maleza destas parcelas alcanza unha altura considerábel mesmo invadindo e facendo instransitabeis algúns tramos de beirarrúas xunto a falla de mantemento e conservación de elementos do mobiliario urbano, o mal estado dos parques infantís, a falla de limpeza etc.

O parque canino da zona ten unha boa parte do mesmo infrautilizada pola altura e frondosidade da maleza existente nel. É máis, unha das árbores existentes no recinto tronzou e ninguén foi recoller os restos da mesma que invaden a zona de entrada ao mesmo. Esta situación só contribúe ao deterioro deste parque de lecer animal e provoca a proliferación de pulgas e outras pragas.

O BNG considera que o Bertón non pode permanecer por máis tempo neste estado e demanda a adopción de medidas que revirtan esta situación de abandono e desleixo permanente.

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …