O BNG denuncia unha vez máis o lamentable estado de conservación da rúa Louireiro, en Santa Mariña

O BNG denuncia unha vez máis o lamentable estado de conservación e estabilidade na que se atopa a rúa Loureiro no barrio de Santa Mariña.

«A día de hoxe o desleixo respecto do estado desta rúa é total e á falla de estabilidade do firme engádeselle agora a carencia absoluta de limpeza por parte do goberno local da maleza lateral desta vía de comunicación do barrio, chegando o punto a reducir á metade o ancho de circulación peonil posible a causa da invasión da calzada polas malas herbas», sinala nun comunicado.

O BNG lembra que esta vía xa ten impedido o seu tránsito rodado produto da inestabilidade do firme pero na actualidade vai camiño de facerse intransitable tamén para os viandantes.

O BNG denuncia ademais a pasividade coa que o ministerio de fomento responsable da consolidación e propietario do talud que discurre en paralelo á vía do tren e causante do principal deterioro da rúa leva actuando durante anos.Para o BNG que desde o goberno local non se teña decidido nin comezar a impoñer as multas coercitivas correspondentes ao ADIF por esta deixación de responsabilidades, nin inciar o camiño para executar a reparación subsidiaria deste muro de formigón nin acometer as mínimas labores de limpeza da contorno o único que está a provocar e o incremento da frustración entre os veciños e veciñas e a pasividade e indolencia total dos responsables directos da situación de deterioro tan avanzado desta rúa do Mº de Fomento. 

Lea también

ÚLTIMA HORA-Se suspenden las procesiones de la Soledad y Caladiños

Las juntas de gobierno de la Cofradía de la Soledad y de Dolores han informado …