O BNG censura o cobro retroactivo da taxa de saneamento

O BNG censura de novo o comportamento deste goberno ao respecto da taxa de saneamento » actúando como o cobrador do frac ao servizo da parte privada da empresa Emafesa».

O BNG lembra que as ordenanzas fiscales reguladoras dos tributos locais comenzarán a aplicarse no momento da súa publicación definitiva no Boletín Oficial da Provincia e por tanto a ilegalidade de cobrar con carácter retroactivo unha taxa con posterioridade ao levantamento da súa suspensión é manifesta.

«A existencia de suficiente xurisprudencia que así o corrobora non está a impedir que este goberno adopte esta decisión responsabilizando directamente aos veciños e veciñas do disparatado modelo de depuración e xestión do saneamento na Cidade«.

O BNG cuesiona ademáis uha decisión que abre a espita para que FeC decida cobrarlle con carácter retroactivo aos veciños e veciñas da cidade os ingresos polo taxa de depuración dos anos 2015 en adiante que reclama EMAFESA e que as contas da empresa de 2014 e 2015 que este goberno aprobou, grazas á colabaración do PP, recollen.

O BNG lembra que nos últimos meses este goberno decidiu publicar os padróns de contribuíntes, e decir o listado de persoas ás que se lle vai pasar o cobro deste recibo e decidiu aprobar as contas da empresa dos anos 2014 e 2015 que incorporan ingresos por esta taxa de millóns de euros a pesar de que o servizo non se estaba a prestar.

Para o BNG a decisión deste goberno de aprobar esas contas supón dar o visto bó a eses ingresos inxustificados e demostra que todos os pasos que Fec está a dar respecto do sistema de depuración teñen como obxectivo exclusivo incrementar os ingresos da parte privada da empresa EMAFESA.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …