O BNG reclama ao goberno local melloras na praia de Caranza e o seu entorno

Estado do acceso a praia de Caranza – BNG

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol pide ao goberno local que desenvolva traballos de mellora e adecentamento na praia de Caranza e no seu entorno que palien as deficiencias do mesmo.

Para o BNG resulta importante que por parte do Goberno Local se facilite que os numerosos veciños e veciñas que utilizan este espazo de esparcimento poidaan facelo nas mellores condicións posíbeis e hai que lembrar que aínda que a praia poida non ser apta para o baño este areal e os paseos que o rodean é unha zona moi frecuentada que na actualidade presenta desperfectos pola falla de mantemento existente.

O BNG solicita que se proceda a arranxar a fuga de auga que inunda as escaleiras de aceso a praia desde o paseo peonil e que verte directamente as augas ao areal xa que fai que as mesmas estean esbaradizas supoñendo un perigo para quen as utiliza. Ademais compre proceder a recollida do lixo esparcido polo areal.

Desde o BNG queren instar ao goberno local a que lle preste maior atención a esta zona da cidade e mesmo que procedan ao desbroce da contorna do paseo da praia e os acesos para retirar a maleza existentes e adecuar à zona.

Lea también

Abierto el plazo en Ferrol para presentar ofertas de pintado de la señalización horizontal

Las empresas podrán presentarlas hasta 25 de agosto. El Ayuntamiento de Ferrol destina 900.000 euros …