Catro internacionais do Triatlón Ferrol disputan a Copa de Europa de Melilla

Inés Santiago en Melilla – Triatlón Ferrol

Catro integrantes do Triatlón Ferrol competirán este domingo na Copa de Europa de Melilla, dado que Carmen Gómez é baixa por lesión.

Inés Santiago, Camila e Melina Alonso e Ana Carvajal optarán, co seu resultado, a cumprir os criterios marcados pola federación española para ser seleccionadas para o Europeo elite –só no caso de ser a mellor española e entrar no top-5 da proba-, o Europeo esprinte –con praza para a mellor sub23 dentro do top-10 da cita- e para dúas copas do mundo –ás que irá a mellor española e en top-10-.

Inés Santiago, que foi en 2017 a mellor representante nacional sendo 11ª e que vén de liderar á selección cos seus resultados nas Copas de Europa de Quarteira e Gran Canaria, ou Camila Alonso, recente campioa de España de dúatlon, son as favoritas a priori do combinado español.

A Copa de Europa de Melilla dispútase este domingo desde as 15,00 horas en distancia olímpica -1.500 m de natación, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pé-.

Lea también

Narón acolle a III edición do “Trail Costa Ártabra”

O edil de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente da Asociación Deportiva Cultural Bombeiros de …