O Mesón O Forno volve gañar o Tetramaratón de San Sadurniño

Mesón O Forno, campións do Tetramaratón 2018 – Concello de San Sadurniño

Día intenso no pavillón polideportivo municipal e no ximnasio do cpi, onde desde pola mañá se disputou o IX Tetramaratón de San Sadurniño. 13 equipos dos 14 inscritos inicialmente medíronse xogando a volei, hóckey, fútbol sala e baloncesto nunha competición que, nesta ocasión, se viu obrigada a meterse a cuberto por causa do mal tempo. O evento estivo presidido por unha rivalidade sá, manchada só por algún que outro pique puntual e tamén por algunha que outra lesión entre os xogadores máis veteráns e menos afeitos ao exercicio físico prolongado. Pasadas as 18.00h. foron o Avenida e mailo Mesón O Forno quen chegaron a unha final da que, unha hora despois, saíron victoriosos os segundos….igual que o ano pasado.

O tetramaratón comezou cerca das dez da mañá. O mal tempo obrigou a trasladar o hóckey e mailo fútbol sala ao interior do pavillón compartindo espazo co volei. Foi unha boa decisión, xa que axudou a axilizar a disputa dos partidos e, ademais, tamén contribuiu a ambientar máis os encontros desde as bancadas. Por outra banda, o cambio tamén lles facilitou aos equipos que descansaban poder ver simultaneamente as técnicas dos seus contrincantes nas distintas disciplinas.

Malia que a cousa foi relativamente rápida durante todo o día, o feito de que fosen 13 equipos en competición volveu demorar máis do debido o tetramaratón. De feito, as semifinais comezaron a xogarse sobre as 17.00h., cando o normal sería que a esa hora o evento xa estivese decidido. Unha disputárona o grupo denominado «Mi perro ya no tose» e o Mesón O Forno (vencedor o ano pasado) mentres que a outra tanda aos catro deportes xogárona o Vizoivi e mailo Avenida, habitual en anteriores edicións dos compases finais do tramaratón.

Na semifinal entre Mi perro… e o Mesón O Forno houbo empate a puntos -4 cada un- e a eliminatoria decidiuse tirando unha moeda ao aire e dándolle opción ao gañador de elixir a que deporte se xogaría o pase. A sorte foille propicia aos compoñentes do Mesón O Forno, que elixiron o volei por tratarse da disciplina que mellor dominaban. Ante esa elección, Mi perro ya no tose decidiu non xogar, dándolles aos seus contrincantes a entrada directa na final.

A outra semifinal, entre o Vizoivi e o Avenida, resolveuse con empate no baloncesto, victoria do Vizoivi no hóckey e co Avenida como gañador das quendas de volei e fútbol sala. 5 puntos que lle serviron a este equipo para facerse coa segunda praza da final.

As cousas do deporte quixeron que na cancha se batesen «a muerte» dous bandos que fóra dela son amigos íntimos, encabezados dun lado por Uxío García e do outro polo seu inseparable Juan Manuel García «Cobelo». Foron encontros intensos. O primeiro a baloncesto con victoria para o Mesón O Forno. O segundo a volei, que rematou con empate. O terceiro xogouse a fútbol sala e o ganador foi o Avenida, de xeito que ao último encontro, o de hóckey, os dous equipos chegaron empatados a 3 puntos.

Por se a cousa non fose xa suficientemente prolongada, o partido que podía decidir o tetramaratón rematou con empate, de xeito que houbo que xogar unha quinta e definitiva pachanga. O Mesón O Forno elixiu que fose a baloncesto… e acertou, ás 19.00h. proclamouse campión deste IX Tetramaratón de San Sadurniño extended play cargado de bos momentos e de humor.

Non houbo premios en metálico, senón camisetas para todas e todos e trofeos para os equipos da recta final. Ademais tamén se recompensou a deportividade e o bo ambiente que creou na pista o equipo mixto Saque y Rece.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …