A concellería de Turismo inicia o reparto de 8.000 folletos para a Semana Santa 2018

A Concellería de Turismo e Festas inicia hoxe venres 16 o reparto de 8.000 folletos editados polo Concello de Ferrol de cara a próxima Semana Santa 2018, centrados no Ferrol da Ilustración, na oferta cultural e museística da cidade, no ocio activo e no potencial do municipio como destino de surf e deportes de aventura (BTT, parapente, bautismo de surf en Doniños, kayak pola ría de Ferrol..) sen esquecer a oferta hostaleira e gastronómica.

En total, editáronse 8.000 folletos en castelán e galego para distribuír nas oficinas de Turismo das principais cidades galegas pero tamén no Norte de Asturias, León, e mesmo en Madrid, de onde proveñen, tradicionalmente, moitos visitantes nestas datas, explicou o concelleiro, Suso Basterrechea, atraídos polos moitos atractivos que agocha a nosa comarca e pola sona da Semana Santa, Festa de Interese Turístico Internacional.

O concelleiro subliñou a intensa concentración en 20 paxinas en cor de actividades en poucas páxinas como escaparate de todo o que pode ofrecer o noso municipio, ao que se lle suma o patrimonio natural e a extensa oferta cultural.

Entre outros datos de utilidade para as visitas, figuran as rutas, horarios, e unha breve descrición do patrimonio e de actividades como a visita ao Arsenal (Ferrol da Ilustración), ao Palacio de Capitanía e a Navantia, os días 29, 30 e 31 de marzo, e 1 de abril e Navantia, asi como os requisitos -é obrigatorio presentar documentación (DNI, pasaporte, carné de conducir ou militar para poder acceder ao estaleiro- paseos en barco pola ría, visitas teatralizadas ao Castelo de San Felipe (29, 30 e 31 de marzo) os museos da cidade, con especial atención a Exponav e o Naval,a demais de SGHN, Centro Torrente Ballester, Aquaciencia no Raíña Sofía e a Aula de Ecoloxía Urbana.

A promoción turística da cidade non esquece a programación dun Roteiro Modernista (teatralizado) tamén para os días 29, 30, 31 e 1 de abril, de 12:30 a 14:00 horas, con saída da Praza de Galicia, cun prezo de 5 euros e de balde, a Ruta das Meninas de Canido e Radio Taxi Litoral, con distintos itinerarios, tempos, distancias e traxectos para percorrer o LIC Costa Ártabra.

Lugares de reparto:

– Oficinas de Turismo: Praza de España, Curuxeiras e Xunta de Galicia.
– Concello de Ferrol.
– Hoteis, hostais e residencias militares do municipio.
– Asociación de Empresarios de Hostalería.
– Oficinas de turismo de Ares, Cabanas, Cariño, Cedeira, Fene, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, Valdoviño e Betanzos.
– 2 Centros de Interpretación do Parque Natural das Fragas do Eume.
– Oficinas de Turismo de la Xunta de Galicia na Coruña, Santiago, Lugo, Vilalba, A Mariña Lucense, Pontevedra, Ourense e Vigo.
– Oficinas de turismo de Ponferrada, Luarca, Navia e Centro Galego en Madrid.

Lea también

Ferrol en Común realiza máis de dez achegas ao Plan Estratéxico de Cultura

Ferrol en Común ven de presentar máis de 10 achegas ao Plan Estratéxico de Cultura, …