O PSOE de Ferrol pon a disposición da cidadanía un recurso denunciando a taxa de depuración inxusta

Beatriz Sestayo co recurso – PSOE

Na mañá de hoxe a secretaria xeral do Partido Socialista de Ferrol, Beatriz Sestayo Doce, deu a coñecer a posta a disposición á cidadanía dun recurso denunciando a taxa inxusta e abusiva do goberno local de Ferrol.

As persoas interesadas poderán recoller o recurso nas distintas charlas informativas programadas polos socialistas de Ferrol nos barrios. Hoxe mesmo en Esteiro, concretamente na Asociación de Veciños de Esteiro, ás 19:30h terá lugar a primeira Asamblea aberta a cidadanía na que se explicará pormenorizadamente e darase resposta as dúbidas que poidan ter as persoas afectadas. Tamén están previstas charlas informativas no Barrio de San Xoán o vindeiro xoves, 15 de febreiro, ás 19:30h na Asociación de Veciños San Xoán – Bertón. O luns 19 de febreiro, será no Barrio de Ensanche A, no Centro Cultural Carvalho Calero, ás 19:30h. Así mesmo, no Barrio de Canido terá lugar o mércores 21 de febreiro ás 19:00h no Centro Cívico de Cánido. Tamén os socialistas estarán o xoves 1 de marzo, ás 19:30 no Centro Cívico de Ferrol Vello.

Tamén de luns a venres desde o grupo municipal socialista do Concello de Ferrol se facilitarán copias do recurso en horario de mañá.

Lea también

El alcalde de Ferrol repasa con el tejido vecinal las actuaciones del plan de barrios en O Pieiro

El lunes 28 de septiembre los trabajos se desplazan a la parroquia de Valón. El …