O Xeodestino Ferrolterra Rías Altas celebra o I Workshop Costa das Ondas

Instante da actividade – Concello de Ferrol

O I Obradoiro de Costa das Ondas, que impulsa a Mancomunidade de Municipios da Ría de Ferrol celebrouse esta tarde no Antigo Hospicio de Ferrol coa participación de mais de 40 inscritos, representando a outras tantas empresas interesadas en impulsar a competitividade dos seus negocios vinculados ao surf.

O evento, que principiaba as ás 16:00, contou coa presenza de personalidades como Cesáreo González o secretario do Clúster de Turismo de Galicia, Alberto González, alcalde de Valdoviño e integrante do ente supramunicipal, e Luis Alcalá o Xerente da Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol.

González centrouse en salientar a importancia da profesionalización do sector e a creación de sinerxias para o desenvolvemento local en eventos como o presente. Neste I encontro profesional de surf, turismo e outras industrias, están a participar un gran rango de empresas, de distintos sectores, entre as que se contan Carris Hoteles, Abancaou Avanza.gal.

Entre as 40 entidades participantes o papel principal represéntano as empresas relacionadas co surf (escolas de surf, casas de surf, e campamentos de surf) pero tamén se conta con empresas do sector turístico (axencias de viaxes, empresas de turismo activo, guiado turístico…) e outros sectores (deseño, financiamento, imaxe…).

O obxectivo desta actividade é crear relacións satisfactorias entre axentes do territorio para impulsar o crecemento e a competitividade do tecido empresarial relacionado co surf no territorio do XeodestinoFerrolterra – Rías Altas.

“Costa das Ondas” é o produto turístico sustentable de surf do destino turístico Ferrolterra – Rías Altas. Liderado pola Mancomunidade de Concellos de Ferrol, apoiado pola Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña, e participado polo sector do surf.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …