As xuntanzas veciñais para elaborar os orzamentos de Cabanas arrancan este mércores

Fachada do Concello – Concello de Cabanas

Arrancan as xuntanzas veciñais organizadas polo Concello de Cabanas nas diferentes parroquias para recabar as propostas ós orzamentos municipais para o próximo ano. A primeira celebrarase este mércores, 18 de outubro, no local social da SCRD de San Mamede de Laraxe, a partir das 20 horas e con entrada libre.

Así mesmo, o calendario de reunións continuará o venres 20 no local social de Santa Cruz; o 26 de outubro no local do CCRD de San Martiño do Porto; o 6 de novembro no local social das Viñas e o 8 deste mes no local social de Lavandeira. En todos os casos, as citas darán comezo ás 20 horas.

Con esta iniciativa, o Concello busca favorecer a participación veciñal na elaboración do documento maestro da xestión municipal. Para iso, en todas as xuntanzas explicaranse os orzamentos e partidas de investimento para, a continuación, abrir un turno de palabra para que todo aquel que o desexe realice a súa proposta ou traslade a súa queixa.

Será este o paso previo para iniciar a elaboración do borrador de orzamentos, un proceso de participación que se iniciaba en 2008 e se veu repetindo cada ano.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …