Este xoves o Concello de Ferrol realizou unha recepción oficial as participantes no XXI Encontro Internacional de Ximnasia Rítmica Cidade de Ferrol no Pavillón de A Malata, no que participan a Selección Nacional de Bulgaria, e Bielorrusia, e os clubes El Infantado de Guadalajara e o GR de Huelva, e o Club Esquío de Ferrol.
Tamén estivo a ximnasta Carla Vilasánchez, veciña de Ares, do club Esquío cedida ao Ritmo de León e que ven de proclamarse campiona de España.
Acudiron o alcalde e o concelleiro de Deportes, que agasallaron aos clubes participantes cun regalo institucional de benvida a cidade e o aplauso ao mérito do seu traballo, unha disciplina particularmente dura que se inicia a idades moi temperás e con moitas horas de esforzo e adestramento.
Participan, deste XXI encontro, un total 60 ximnastas de cinco clubes que o venres 7 as 20:30 realizarán unha exhibición de portas abertas nio Pavillón de A Malata.