Unha trintena de traballadores de tódalas categorías sanitarias conforman o equipo de fútbol que representa a área sanitaria ferrolá no XII Torneo da saúde de fútbol intrahospitalario, que se celebra mañá, sábado 10 de xuño, nas instalacións deportivas de A Gándara. Este encontro está apadriñado polos xogadores Fernando Martínez Perales, Nando; e José Collazo García, Collazo. O evento deportivo comeza ás 09:30; e, ás 14:00 horas, reuniranse ós ó redor de 150 xogadores de moi diversas categorías para facer unha foto conxunta dos distintos equipos.
No ano 2004, iniciábase unha Liga de Fútbol Intrahospitalario na que competían traballadores dos principais hospitais públicos galegos. Nove anos despois, a Liga deixaba de se celebrar, pero mantívose un torneo final que unía ós equipos no mes de xuño. Esta XII Edición do torneo celébrase este ano en Ferrol. Trátase dun encontro intrahospitalario no que participarán 10 equipos conformados por traballadores dos hospitais de Galicia. É o torneo máis numeroso dos xogados ata o momento.
Como eles mesmos indican, “este abigarrado grupo de peloteiros de tódolos ámbitos de atención á saúde buscan facer deporte, e pasar un rato agradable dándoo todo”.