Carlos Casares protagonista no Día das Letras Galegas da Agrupación Instructiva Caamouco

A Agrupación Instrutiva de Caamouco celebra con poesía a edición deste ano das Letras Galegas. Da man do Grupo Fantasía, a Sociedade renderá homenaxe a Carlos Casares, o autor recoñecido neste 2017 pola Real Academia Galega.

Para a ocasión, o colectivo poético preparou un recital no que os textos de Carmen Sarmiento e Javier Vilasánchez, dous poestas aresáns, se mesturan con algúns dos versos máis célebres de Rosalía de Castro, coincindo co 180 aniversario do seu nacemento. Á iniciativa tamén conta co acompañamento da mestra de música e pianista Laura Morgade, encargada de poñerlle a nota musical ao recital.

O acto celebrarase o sábado 20 de maio ás 18 horas. A entrada, como sempre, libre e de balde.

O Grupo Fantasía está composto por un conxunto de aresáns afeccionados á poesía que, ademais, participaron ou participan en grupos teatrais. O colectivo naceu no ano 2016. Dende aquela actuaron xa en varios puntos da comarca, incluída a Agrupación Instrutiva de Caamouco, no mes de outubro do pasado ano.

Teatro en Limodre

Ademais, o Grupo de Teatro da Agrupación Instrutiva de Caamouco levará o seu traballo á veciña parroquia de Limodre, en Fene.

Será o vindeiro sábado 20 de maio, pero ás 20 horas, cando os actores e actrices da Tenencia suban as táboas da Asociación de Veciños de Limodre co seu primeiro proxecto, Escenas Escollidas, unha escolma seleccionada pola directora do grupo, Eugenia Sanmartín.

Esta será a cuarta actuación da «xira» do grupo teatral de Caamouco, tras o seu paso polo Centro de Día do Pombal, o Cine Adriano de Barrallobre e a Asociación Agarimo de Sillobre. O colectivo estreouse diante do público no centro social da Agrupación hai menos dun ano, o pasado 1 de xullo.

Lea también

Alumnado del CIFP Leixa en Ferrol visita la exposición de maquetas de Carlos Macías

La concejala de Turismo de Ferrol, Maica García, acompañó al alumnado del curso de Animación …